Broadcast | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Birmingham, ![]() |
Período | 1995-2010 |
Xénero(s) | electrónica indie, dream pop, neopsicodelia, avant-pop |
Selo(s) discográfico(s) | Wurlitzer Jukebox, Duophonic, Warp, Tommy Boy/Warner Bros. |
Membros | James Cargill |
Antigos membros | Trish Keenan Roj Stevens Tim Felton Steve Perkins Keith York Phil Jenkins Jeremy Barnes Neil Bullock |
Artistas relacionados | Hayward Winters, Seeland, The Focus Group |
Na rede | |
futurecrayon.blogspot.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Broadcast foi unha banda inglesa de electrónica indie fundada en Birmingham no ano 1995 por Trish Keenan (voces, teclados e guitarra) e James Cargill (baixo). O grupo publicou tres álbums, ademais de varios EPs e sinxelos, sendo editado o seu primeiro álbum de estudio, The Noise Made by People, no ano 2000. O seu estilo musical mesturaba elementos do rock psicodélico estadounidense dos anos 60 con música electrónica, incorportando samples de varias fontes, gañando o status de banda de culto.[1] Trala morte de Trish Keenan a banda non volveu a actuar, aínda que levaba xa daquela un tempo nunha paréntese na súa actividade.
Outros membros do grupo foron Roj Stevens (teclados), Tim Felton (guitarra) e os baterías Steve Perkins, Keith York, Phil Jenkins, Jeremy Barnes e Neil Bullock. No ano 2005 Broadcast era un dúo formado por Keenan e Cargill e tras a inesperada morte en 2011 da primeira,[2] James Cargill tiña quedado como único membro de Broadcast.
Keenan finou o 14 de xaneiro de 2011, cando contaba 42 anos, debido a complicacións derivadas dunha pneumonía debida ao virus H1N1.[3][4][5] Cargill, o único membro que quedou, dixo nunha entrevista de 2011 na revista Under the Radar que estaba a desenvolver un novo álbum de estudio de Broadcast, aproveitando gravacións feitas por Keenan pouco antes da súa morte.[6][7] Máis tarde afirmou: «Trish deixou moitas gravacións, catro-pistas e cousas así, e estiven traballando con iso. É complicado, e ao mesmo tempo estou implicado niso. É marabilloso, pero tamén teño unha sensación de perda. O próximo que vou sacar con Trish vai ser máis unha sorte de monumento e tributo a ela que esa obsesión que eu adoitaba sufrir de facer álbums.»[8] A día de hoxe, o álbum non ten sido realizado.
Broadcast figurou nos créditos da banda sonora do filme de 2012 Berberian Sound Studio, que foi publicado o 7 de xaneiro de 2013.
Warp Records reeditou toda a discografía da banda en marzo de 2015.[9]